ViveCamino

As rexións pirenaicas do Camiño de Santiago únense polos discapacitados

Aragón, Aquitania e Navarra unen as súas forzas para facer a Ruta Xacobea máis accesible para estas persoas

O proxecto Jacob@cces, presentado o pasado mes de abril, bota a andar coa primeira reunión entre representantes técnicos e asociacións de discapacitados das rexións pirenaicas polas que transcorre o Camiño de Santiago: Aragón, Navarra e a francesa Aquitania. O encontro, que tivo lugar en Jaca, busca unir esforzos para facer da Ruta Xacobea un espazo accesible para as persoas con discapacidades, dando a coñecer o profundo patrimonio cultural, artístico e histórico do Camiño.

Jacob@cces, financiado con fondos da Unión Europea, leva un ano de traballo detrás e contempla a construción de catro centros de interpretación, dous asistenciais e un restaurante especialmente concevido para persoas con discapacidade. As cidades de Jaca e Pamplona albergarán cada unha un centro de interpretación e a localidade de Martillué, un albergue para discapacitados, mentres que Ostabat, en Francia, acollerá outro centro de interpretación, un albergue e o mencionado restaurante.

Así mesmo búscase que todos estes centros traballen en común para poder ofrecer elementos e actividades complementarias e relacionadas entre si, logrando unha continuidade para os peregrinos que as visiten. O fin último deste proxecto é que os peregrinos con discapacidades teñan as mesmas oportunidades que o resto de peregrinos, buscando a igualdade social.