ViveCamino

Quen foi Domingo Antonio de Andrade?

Descobre a historia deste visionario arquitecto que construíu parte da Catedral de Santiago de Compostela

A figura de Domingo de Andrade é unha das máis importantes para a arquitectura galega, xa que foi quen impulsou a arquitectura barroca na rexión, nun tempo no que o clasicismo era a tendencia dominante. As súas obras máis destacadas están estreitamente relacionadas co Camiño de Santiago, xa que son precisamente parte da propia Catedral de Santiago: a Torre do Reloxo e a Praza da Quintana.

Domingo de Andrade: formación e primeiros anos

Domingo Antonio de Andrade naceu na vila de Cee no ano 1639, sendo o segundo fillo dunha familia acomodada. Isto permitiulle acceder a estudos universitarios na Universidade de Santiago de Compostela, cursando concretamente os estudos de artes na Facultade de Filosofía e Letras.

A partir do ano 1662, Domingo comezou a súa formación como arquitecto nos talleres que traballaban na remodelación da Catedral de Santiago. Neste tempo converteuse nun gran artesán da madeira e fortaleceu o seu perfil intelectual. Tan só un ano despois funda o seu propio taller e únese aos gremios de artesáns da cidade. Un dos seus primeiros traballos propios foi realizar o retablo maior da igrexa da súa Cee natal.

Ademais do seu labor arquitectónico, Domingo de Andrade publicou no ano 1695 as tratado Excelencias da Arquitectura. Unha obra máis teórica e intelectual que práctica, na que defendía a súa que a súa profesión como arquitecto tiña un carácter científico.

Domingo de Andrade e a Catedral de Santiago

No ano 1669 foi nomeado Aparellador Maior da Catedral de Santiago e máis tarde, Mestre de Obras. Foi nese momento no que dirixiu a construción de dúas dos elementos máis emblemáticos desta catedral: a Torre do Reloxo e a Praza da Quintana.

A primeira delas, construíuse en base a unha torre medieval, á que se lle reformaron os tres corpos e engadíronselle detalles como faixas,  ristras de froitas e  volutas de perfil liso que flanquean o reloxo. Con esta torre, Domingo de Andrade inspirou a outros arquitectos de Galicia e de España.

Tamén construíu o Pórtico Real da Praza da Quintana pódese ver claramente as novas influencias do estilo barroco, especialmente na Casa da Parra.

Domingo de Andrade exerceu a profesión de arquitecto ata que morreu a súa esposa o ano 1700. Tras este suceso, ordenouse  presbítero e uniuse ao convento de San Francisco de Santiago de Compostela, cidade na que morreu no ano 1712, sendo enterrado na propia Catedral de Santiago.