Descobre a historia da viaxe que deu orixe ao Camiño de Santiago
Naquel momento o Reino de Asturias comprendía os territorios que hoxe son na súa maioría: Asturias, Galicia e León, por tanto, Alfonso II era rei cando foron descubertos os restos do Apóstolo Santiago en Iria Flavia. O rei percorreu, a pedimento do bispo de Iria Flavia, máis de 300 quilómetros ata o lugar onde se atopaban os restos do Apóstolo, para así apoiar a veracidade do achado.
Esta viaxe tiña o obxectivo de converter aos restos de Santiago nun símbolo que unise e guiase aos reinos cristiáns da Península Ibérica contra os musulmáns, que naquel entón ocupaban a maioría do territorio.
Tamén financiou a construción dun templo para protexer os restos do Apóstolo e dotou con terras e privilexios á Igrexa compostelá para que os fieis puidesen renderlle culto a Santiago. Estas accións permitiron crecer á orde que salvagardaba os restos e tamén á rexión, converténdoa nun dos lugares de peregrinación máis importantes do mundo e a orixe do fenómeno que hoxe coñecemos como o Camiño de Santiago.
O éxito do Camiño de Santiago tamén axudou a Alfonso II a afianzar o seu reino, grazas á circulación de comerciantes e cabaleiros de todas partes de Europa.
O roteiro que seguiu o rei Alfonso foi a principal vía de peregrinación a Santiago durante anos, pero co traslado da corte a León e o avance da Reconquista da Península, esta foi perdendo peregrinos en favor do Camiño Francés, que contaba con mellor clima e era menos esixente.
O roteiro que percorreu o primeiro peregrino é agora coñecida como o Camiño Primitivo e ten a súa orixe histórica onde se atopaba a corte do rei Alfonso, na cidade de Oviedo (a 321 km de Santiago). Aínda que actualmente ten outros dous puntos de partida moi populares que cobren a distancia necesaria para obter a Compostela. Estes parten dos concellos galegos da Fonsagrada (170 km) e Lugo (100 km).
O Camiño Primitivo é un dos roteiros que máis peregrinos percorren ao ano, pero está lonxe de estar tan masificado como outros roteiros, por exemplo, o Camiño Francés. Os seus principais atractivos son a súa riqueza etnográfica e histórica, ademais das súas espectaculares paisaxes.
Por outra banda, tamén é considerada unha das máis esixentes fisicamente, debido á xeografía montañosa da rexión e o clima húmido, especialmente se temos en conta certas subidas como a de Grandas de Salime, preto da fronteira entre Galicia e Asturias. Por esta razón moitos peregrinos optan por comezar en Lugo ou A Fonsagrada.