ViveCamino

A Costa do Sapo: o maior reto entre A Fonsagrada e O Cádavo

Un dos tramos máis temidos de todo o camiño primitivo

A etapa 8 do camiño primitivo

O traxecto entre A Fonsagrada e O Cádavo é a primeira etapa do camiño primitivo que transcorre por completo na Galiza, se se comeza dende Oviedo. Se o punto de inicio é O Acebo, sin embargo, será la segunda. . É unha etapa que resulta fascinante polos entornos naturais que atravesamos durante estes 24,4 quilómetros, pero iso non fai que esquezamos o dura que pode resultar. 

Este percorrido alterna subidas e baixadas de diferente intensidade, á vez que cruza varias aldeas. Aínda que esta etapa poida pasar desapercibida, é máis esixente do que parece, sobre todo para aqueles que deciden prolongala ata Castroverde para reducir a distancia da novena etapa, que chega a Lugo. 

O peor tramo da etapa

Polo xeral considérase que a etapa máis dura do camiño primitivo é a que vai dende Borres ata Berducedo, xa que inclúe o ascenso ata Pola de Allande e a abrupta baixada ata Berducedo. Se a subida é dura, baixar aínda o é máis, porque hai un desnivel de 600 metros que no inverno pode parecer impracticable para alguén pouco curtido. 

Sen embargo, a medio camiño entre A Fonsagrada e O Cádavo atópase a Costa do Sapo, que culmina a chegada Á Lastra. Este ascenso non é longo, pero éche intenso, e é que en só un quilómetro pásase dos 675 metros de altitude aos 820. Pode parecer que 145 metros de desnivel non é moito, pero costa arriba e despois de levar preto de dous tercios da etapa, resulta agotador. Sobre todo, tendo en conta que unha vez se chega Á Lastra, aínda queda un tramo de subida ata Fontaneira de preto doutro quilómetro. Non é tan duro como o anterior, pero é boa idea facer un pequeno descanso na Lastra para recuperar os folgos antes de continuar.

A recompensa tras a subida

Rematar unha subida tan intensa como a que precede a chegada a Fontaneira produce satisfacción para o peregrino. Afortunadamente, unha vez na vila, xa só queda o tramo final, moito máis sinxelo. Dende a cota máis alta da etapa, a 900 metros de altitude, toca baixar ata volver a situarse nos 700. Aínda queda preto dunha hora de etapa, algo menos de cinco quilómetros. Tras una baixada levadeira na súa maioría, por fin se pode ver O Cádavo, onde hai un albergue na entrada da vila no que recuperar a enerxía despois desta etapa tan intensa.