As forzas de seguridade reforzarán a vixilancia no Camiño durante os meses de verán

Durante o día de onte o secretario de Estado de Seguridade, o delegado do Goberno en Galicia, e o vicepresidente da Xunta, visitaron o Camiño Francés

Fabio
09/06/2016 14:00
Francisco Martínez, Santiago Villanueva e Alfonso Rueda - SANDRA ALONSO

Francisco Martínez, Santiago Villanueva e Alfonso Rueda - SANDRA ALONSO

Comeza a chegar o bo tempo do verán e, con él, a afluencia de moito máis público nos lugares turísticos do noso país, incluíndo Galicia e o Camiño de Santiago. Por tanto, a vixilancia das diferentes rutas do Camiño debe medrar proporcionalmente ao número de camiñantes que as percorren. O estado non quixo revelar o número de efectivos dispoñibles por razóns de seguridade.

En virtude do acordo de colaboración entre o Goberno central e a Xunta, as forzas de seguridade do Estado aumentarán a vixilancia nas diferentes rutas do Camiño de Santiago este verán, en concreto entre os días 15 de xuño e 15 de setembro. Debemos lembrar que, ademáis, a policía portuguesa patrullará rutas do Camiño de Santiago en Galicia este verán, tal e como xa se había informado.

Durante o día de onte o secretario de Estado de Seguridade, o delegado do Goberno en Galicia, e o vicepresidente da Xunta, visitaron o Camiño Francés no albergue do Pino, revisando o escuadrón de caballería da Garda Civil e a presentación do dispositivo da Unidade de Intervención Policial.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom