Comeza a procura dun peregrino coreano desaparecido en Finisterre.

Helicópteros de Salvamento Marítimo xa buscan nas inmediacións do cabo 48 horas despois de non ter noticias del

Fernando Borjas
12/09/2016 20:13
Jorge Parri

Jorge Parri

Durante este verán están a sucederse no cabo de Finisterre algunhas noticias desafortunadas, como o recente incendio que tivo lugar hai unhas semanas por unha queima simbólica de roupa. O último incidente está relacionado coa desaparición dun peregrino de orixe coreana do que non se teñen noticias desde hai case 48 horas, cando se atopou unha mochila coas súas pertenzas nos cantiis do cabo de Finisterre por uns turistas.

Respecto desta desaparición, as autoridades contactarían cos diferentes aloxamentos da zona para cerciorarse de que o peregrino non se atopaba aloxado en ningún deles e simplemente extraviara a mochila, comprobacións rutineiras antes de activar o dispositivo de procura. Segundo puidemos saber, aínda que se atoparon as súas pertenzas o sábado, o peregrino tiña pagada unha habitación nun hotel de Santiago ata hoxe. Durante a tarde deste luns xa foi avistado pola zona un helicóptero de Salvamento Marítimo no que parece ser o inicio da procura do peregrino coreano, que non deu sinais de vida desde o sábado. 

A zona do cabo de Finisterre, elixida por moitos peregrinos que deciden continuar o Camiño de Santiago ata a costa atlántica, conta cun terreo complicado cheo de cantiis onde as ondas rompen con forza e en máis dunha ocasión poden sorprendernos se nos achegamos demasiado, polo que a prudencia aquí é súmamente importante. A actuación dos servizos de rescate é bastante común no cabo, onde o acceso non é precisamente fácil para os equipos de intervención.

Helicóptero de Salvamento Marítimo avistado en la zona del cabo de Finisterre

Helicóptero de Salvamento Marítimo avistado en la zona del cabo de Finisterre

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom