Goberno e Xunta cofinanciarán a rehabilitación de bens de interese cultural do Camiño de Santiago

Núñez Feijóo, que se reuniu en Madrid co ministro Méndez de Vigo, afirma que nos próximos meses de establecerá a folla de ruta do plan

Fernando Borjas
30/01/2017 19:34
Catedral de Santiago

Catedral de Santiago

A Xunta de Galicia segue traballando no Camiño de Santiago coa celebración do próximo Ano Santo 2021 no punto de mira. Este foi precisamente un dos temas tratados hoxe entre o presidente Alberto Núñez Feijóo e o ministro de Educación, Cultura e Deporte, que se reuniron este luns en Madrid con motivo dunha rolda ministerial. Ambos os mandatarios puxeron sobre a mesa un plan de actuación conxunta entre ambas as institucións para a rehabilitación de Bens de Interese Cultural das diferentes rutas do Camiño de Santiago, co obxectivo de traballar man a man de fronte ao próximo Ano Santo 2021.

Feijóo saíu da reunión coa convicción de que ambas as partes terán "máis contactos" e que se concretará "nos próximos meses a oferta do Goberno para rehabilitar os BIC ao longo do Camiño", sen esquecerse da rehabilitación da Catedral de Santiago. Dela o presidente da Xunta dixo que hai que finalizala para que se converta en "a mellor catedral de calquera Ano Santo". En canto á elección dos Bens de Interese Cultural que se rehabilitarán, Feijóo comentou que o que se compartiu "é só unha idea" e que agora é o momento de concretar, aínda que asegurou que o ministro estivo de acordo coa idea presentada, comentado que o proxecto lle parece "adecuado" e que "o Camiño é patrimonio cultural e hai que poñer ese patrimonio en valor".

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom