1.200 quilómetros en bicicleta para recadar fondos por Honduras

Este importante esforzo continuado durante catro días débese a unha boa causa, colleitar fondos para a Asociación Colaboración e Esforzo

Fabio
06/06/2016 14:00
José Ramón Marín Fernández e Francis González Oller

José Ramón Marín Fernández e Francis González Oller

Vémolo todas as semanas... o Camiño de Santiago, ademáis de ser un excelente escaparate para o turismo cultural e para os diferentes eventos realizados nos municipios polos que transcorre, é tamén un excelente escaparate reivindicatorio utilizado por moitas asociacións para poñer o foco sobre algúns importantes movementos solidarios. Este é o caso de dous peregrinos que chegaron recentemente, montados nas súas bicicletas, á Praza do Obradoiro.

Son José Ramón Marín Fernández e Francis González Oller, quenes tiñan o reto de entrar na praza, durante o día de onte, antes das 12 do mediodía. Lográrono cunha marxe de 10 minutos, tras unha ruta que os levou a pedalear más de 1.200 kilómetros, saíndo catro días antes de Tíjola (Almería), cunha media de 300 kilómetros ao día.

Este importante esforzo continuado durante catro días débese a unha boa causa. José Ramón Marín Fernández e Francis González Oller propuxéronse este reto para recadar fondos para a Asociación Colaboración e Esforzo, que actualmente realiza diferentes proxectos en Honduras. Ao chegar á praza, ambos pousaron coas súas bicicletas e coa correspondente bandeira de Honduras.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom