4,2 millóns de euros para mellorar os tramos urbanos no Camiño de Santiago

Trátase dun convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela

Fernando Borjas
20/01/2017 11:19
Peregrinos en Santiago de Compostela

Peregrinos en Santiago de Compostela

Finalmente a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago asinaron un convenio para a renovación total dos tramos urbanos da Ruta Xacobea ao seu paso pola cidade, tras o estudo de actuacións acometido polo exalcalde e arquitecto Xerardo Estévez, feito público o pasado mes de setembro.

Trátase dunha renovación completa destes tramos, co obxectivo de humanizar para a celebración do próximo Ano Santo Compostelán as entradas do Camiño de Santiago na cidade a través dos itinerarios Francés, Inglés e Portugués. O acordo foi anunciado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez-Feijoo, ascendendo o investimento ata os 4,2 millóns de euros e tendo as obras que estar finalizadas antes de 2021.

O estudo de Estévez apuntaba a certas deficiencias nos accesos á cidade que "decepcionaban aos peregrinos" que finalizaban a súa viaxe na cidade compostelá. Principalmente estas están concentradas en tres puntos de Santiago, segundo o estudo, no polígono do Tambre, en Ponte de San Lázaro e no cruzamento entre a Avenida de Lugo e Os Concheiros; as obras incidirán en mellorar elementos como pasos de peóns e adaptar accesos para persoas con discapacidade.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom