A Garda Civil montada reforza a seguridade do Camiño de Santiago

As forzas de seguridade destacan, principalmente, o seu foco á hora de previr os incendios forestais, ademais de velar pola seguridade dos peregrinos

Fabio
14/06/2016 13:00
Unidade de Cabalería da Garda Civil

Unidade de Cabalería da Garda Civil

En datas de verán a afluencia de turistas e peregrinos no Camiño de Santiago increméntase de forma notoria, e por tanto a presenza policial ten que ser maior. Este aumento da vixilancia principal podémolo ver, por exemplo, en Tui, onde unha escuadra da Garda Civil montada vixía pola seguridade dos peregrinos desde principios deste mes de xuño. Ademáis, dita escuadra será unha das primeiras líneas de prevención e actuación na loita contra os incendios forestais no sur de Galicia.

Peregrinos, forzas de seguridade e veciños, destacan este servizo por, ademáis de facer do Camiño unha ruta moito máis segura, ser moi sensible co medio e o bo ambiente que se respira no Camiño de Santiago. "O contacto cos veciños é moito máis directo, o cabalo chega a lugares inaccesibles para os coches que ademáis son potencialmente perigosos para o medio", aseguraba o sarxento Velasco, un dos xefes de escuadra.

As forzas de seguridade destacan, principalmente, o seu foco á hora de previr os incendios forestais e, aínda que recoñecen que actualmente hai unha gran sensibilidade entre os peregrinos, sempre hai algún despistado: "ainda hai quen che pregunta se pode facer unha grellada".

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom