A Policía Nacional despraza ao Camiño de Santiago un dispositivo da súa Unidade de Cabalería

A Operación Lumes 2017 contará este verán con 15 axentes e 12 cabalos para velar pola seguridade no Camiño de Santiago e os montes

Fernando Borjas
06/07/2017 13:03
Unidad de Caballería de la Policía Nacional. Policia.es

Unidad de Caballería de la Policía Nacional. Policia.es

Este mércores 5 de xullo tivo lugar no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela a presentación da Unidade de Cabalería da Policía Nacional desprazada este verán á Operación Lumes 2017; un dispositivo de 15 axentes e 12 cabalos que un ano máis se encargarán de reforzar a seguridade no Camiño de Santiago e de prestar atención aos peregrinos que o necesiten. Na presentación participaron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, acompañados polo xefe superior de Policía, Manuel Vázquez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez.

A Unidade de Cabalería, que terán base en Pontevedra e Santiago presta un servizo moi apreciado na Operación Lemos, podendo acceder a lugares que por outros medios non é posible. Esta unidade dacabalo da Policía atópase coordinada polo Comité Integrado de Prevención de Incendios (CIPIG), que vela polo coidado e a vixilancia dos montes de Galicia, contando coa colaboración da Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Autonómica, achegando o traballo de ata 260 axentes durante toda esta operación.

Este dispositivo enmárcase dentro do Plan de Prevención e Defensa de Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), que este verán mobilizará a ata 7.000 persoas, 23 helicópteros, cinco avións e 360 motobombas co obxectivo de loitar contra os incendios na comunidade autónoma. 

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom