Os peregrinos poden descansar no albergue situado enfronte do bar Rincón do Peregrino e rexentado polo seu mesmo dono, Luis Sandes. O aloxamento conta, polo momento, con 24 prazas. Non hai tarifa establecida, tan só o donativo que o camiñante queira facer.
No caso de que estea completo, os camiñantes teñen a opción de poder durmir nunha aldea restaurada como lugar de lecer e que tan só dista en 5 quilómetros. O complexo chámase Aldea Rural Couso Galán e conta cun apartamento e 20 cuartos, así como tamén dispón de restaurante e bar-cafetería. Durante a semana realízanse ofertas para peregrinos, con prezos especiais dun cuarto dobre por 20 euros. Aos camiñantes váiselles a recoller a Alberguería ou, incluso, a Laza.
1°
28/03/2024
snow
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649