Asturias reforza o seu compromiso co Camiño a nivel europeo

Para reafirmarse no apoio ás rutas xacobeas, o goberno do Principado incorpórase ao programa Itinerarios culturais do Consello de Europa

Fernando Borjas
29/09/2017 19:39
Gijón, Asturias

Gijón, Asturias

Como moitos lembraredes, o Camiño do Norte pasou a formar parte da Lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2015. Este recoñecemento homenaxeaba as orixes históricas do fenómeno xacobeo e desde entón o protagonismo e a relevancia do Camiño de Santiago cobrou aínda máis presenza no turismo e a cultura asturianas. Para corresponder esta relevancia crecente e reafirmar o seu "compromiso co Camiño de Santiago", o Goberno do Principado de Asturias, a través da Consellería de Educación e Cultura, ha decicido ingresar no programa de Itinerarios culturais do Consello de Europa.

Este programa, de caracter internacional, avoga pola protección dos valores culturais europeos, o diálogo intercultural e o turismo sustentable entre os países da nosa contorna e conta xa con 30 anos ás súas costas. Precisamente este ano cúmprense 30 desde que o Consello de Europa concedese aos Camiños de Santiago de Compostela a primeira mención como Itinerario Cultural Europeo. 

O Principado de Asturias, a través da súa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, participará no VII Foro Consultivo de Lucca, en Italia, onde o programa de Itinerarios culturais poñerá en valor ?as distintas contribucións achegadas polos países e as culturas europeas ao patrimonio común mercé a unha viaxe no espazo e no tempo?, facendo un repaso polos 30 anos de existencia do programa europeo.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom