
Unha das pezas das que presume o municipio non foi descuberta ata comezos dos anos oitenta. Trátase dun miliario romano -columna de pedra que indicaba a distancia de mil pasos- que un veciño topou por azar nun terreo de Vilanova.
O cilindro de granito sinalizaba a presenza dunha vía romana, da que tamén se valían os peregrinos do Camiño do Norte. Aínda conserva a inscrición que nomea ao emperador Maximino por mandar o seu arranxo ou construción.
O miliario acredita pois o paso da XIX vía romana pola parroquia de Santiago de Boimorto. A súa situación actual é o xardín da casa consistorial.
En Boimorto celébrase feira o primeiro sábado de mes no Campo do Rosario.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
5°
01/12/2023
broken clouds
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649