A mostra inclúe 52 imaxes que documentan 14.075 quilómetros desde a Base Antártica 'Gabriel de Castilla' ata Santiago de Compostela
O pasado mes de xullo de 2016 Santiago de Compostela recibiu uns peregrinos bastante inusuais. Á praza de Obradoido chegaron representantes da base antártica Gabriel de Castela, finalizando así a ruta xacobea máis longa que se realizou nunca (14.075 km): a I Peregrinación Antártica a Santiago de Compostela.
A iniciativa partiu da colaboración entre a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e en Instituo Xeográfico Nacional, que obtiveron a axuda e colaboración necesarias para establecer un sinal de inicio do Camiño desde esta base antártica. Tras a colocación do sinal e o comezo da peregrinación de ata un centenar de membros da base antártica (entre militares e científicos), bautizouse unha nova ruta xacobea: o Camiño Branco ou Camiño Antártico.
Os peregrinos partiron da base antártica dirección a España e realizaron as últimas etapas do Camiño Portugués ata finalizar en Santiago de Compostela. A aventura que supuxo esta peregrinación de 14.075 quilómetros é a protagonista da mostra fotográfica' Camiño Branco-Camiño Antártico', a cargo de CORREOS, que xa pode visitarse en Pontevedra. Os visitantes van atopar 52 fotografías sobre esta peregrinación histórica, que se expón ata o próximo 15 de maio no albergue público de Pontevedra, situdo na rúa Otero Pedrayo s/n.
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649