FairWay, the professional fair of the Camiño, opens its doors

O primeiro día deste evento sobre o Camiño de Santiago contará cunha programación especial pensada para todos os públicos.

Fernando Borjas
07/11/2017 18:21
FairWay, Forum del Camino de Santiago

FairWay, Forum del Camino de Santiago

O Palacio de Congresos de Santiago de Compostela acollerá entre os días 12 e 14 de novembro a feira ' FairWay:  Forum do Camiño de Santiago', que volve en 2017 para tentar abarcar a ruta xacobea desde todos os puntos de vista. O evento celebrará a súa segunda edición, virando ao redor dos profesionais do Camiño de Santiago e mostrando un notable crecemento respecto ao ano pasado, cun 20% máis de superficie para os 60 expositores e máis de 100 marcas que estarán presentes durante estes tres días. 

O evento arrincará o vindeiro domingo 12 abrindo as súas portas con actividades programadas para todos os públicos, mentres que o encontro para profesionais celebrarase o luns 13 e martes 14.  FairWay:  Forum do Camiño de Santiago virará ao redor de varios alicerces: o congreso, con varias mesas redondas e relatorios sobre as claves do fenómeno xacobeo; a feira profesional, onde se mostrarán os produtos e servizos dos profesionais do Camiño de Santiago e por último o espazo  workshop, especialmente ideado para a celebración de reunións entre operadores turísticos internacionais. 

O acceso ao congreso é libre e tan só fai falta rexistrarse previamente na web de  FairWay:  Forum do Camiño de Santiago, onde ademais poderás atopar de forma detallada o programa do evento, os seus relatores, os paneis, as mesas de debate e as presentacións que terán lugar durante  lso tres días de evento.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom