A Coruña celebra o I Encontro Internacional do Camiño Inglés

Durante esta semana representantes de asociacións do Camiño de Santiago de ata 14 países reúnense na cidade galega para promocionar e poñer en valor a ruta

Fernando Borjas
29/11/2016 17:53
Visita guiada del Camino Inglés en A Coruña | César Quian (La Voz de Galicia)

Visita guiada del Camino Inglés en A Coruña | César Quian (La Voz de Galicia)

Este luns tivo lugar no Hotel Finisterre da Coruña un encontro entre representantes de entidades promotoras do Camiño de Santiago de ata 14 países. O motivo, a celebración esta semana do I Encontro Internacional do Camiño Inglés, no que colabora a Deputación da Coruña e co que se pretende unir a membros de asociacións do Camiño de Santiago con representantes do ámbito turístico para poñer en valor e promocionar esta ruta.

Os representantes das asociacións aproveitaron para gozar dunha ruta por toda a cidade visitando os puntos máis importantes relacionados co Camiño Inglés e a súa simboloxía, para xa hoxe martes embarcarse na Ruta Xacobea durante catro días, partindo da praza María Pita da Coruña e concluíndo o seu camiño na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o próximo 2 de decembro.

Neste primeiro encontro, que servirá como xerme para impulsar o Camiño Inglés en países como Canadá, Estados Unidos, Reino Unido, Xapón, Sudáfrica, Australia, Holanda, Hungría, Irlanda, Noruega, Brasil ou Bélxica búscase  ademais un punto de partida para que as administracións implíquense na promoción desta ruta, cuxo potencial non se explotou na mesma medida que outras rutas como o Camiño Portugués ou o xigante Camiño Francés.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom