O Camiño estrea unha nova ruta marítima que entregará a compostela

O acordo entre os diversos portos deportivos e o deán Segundo Leonardo Pérez López permite que os peregrinos que fagan esta travesía por mar poidan conseguir a chamada compostela

Fabio
01/05/2016 18:34
Porto Marina Coruña

Porto Marina Coruña

Os peregrinos de Santiago terán agora unha nova ruta do Camiño que percorrer nas súas viaxes cara a Santiago de Compostela, unindose a rutas tan importantes como o Camiño Francés, o Inglés e o Portugués. Con todo, esta nova ruta non será accesible a pé, cabalo ou en bicicleta... Trátase dunha nova ruta marítima, promocionada por un grupo de portos do norte de España - co selo Navega o Camiño - e co acordo do deán da catedral, Segundo Leonardo Pérez López. A ruta, ademais, promocionará un dos grandes motores turísticos de Galicia.

O acordo entre os diversos portos deportivos e o deán Segundo Leonardo Pérez López permite que os peregrinos que fagan esta travesía por mar poidan conseguir a chamada compostela, pero sempre cun requisito obrigatorio: a ruta marítima ha de cubrir polo menos 100 millas de navegación a vela, además de facer o último tramo - entre o Monte do Gozo e a catedral - a pé. Os portos asociados a esta nova ruta comprométense, ademáis, a realizar unha ampla promoción internacional desta nova ruta nos medios que teñan ao seu alcance: salóns e conferencias, congresos, redes sociais, etc.

Os responsables da proposta e do acordo aseguran que esta iniciativa, co tempo, podería dar un gran impulso a outros camiños e ao número de embarcacións que arriban nas costas galegas: mesmo quintuplicar as cifras actuais. O porto natural de entrada será o de Mariña Coruña, un dos máis modernos do norte de España.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom