O Camiño Portugués, 1,7 millóns de investimento en sinalización

A Xunta de Galicia presentou este proxecto de fronte ao Xacobeo 2021, enmarcado dentro do plan director do Camiño de Santiago

Fernando Borjas
15/02/2018 15:11
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, presenta el plan de inversión | Xunta de Galicia

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, presenta el plan de inversión | Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia investirá 1,7 millóns de euros nos traballos de mellora da sinalización do Camiño Portugués no seu percorrido pola comunidade autónoma, que se desenvolve entre as localidades de Tui e Santiago. O proxecto, incluído dentro do plan director do Camiño de Santiago de fronte ao próximo Xacobeo 2021, foi presentado esta mesma semana pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e os delegados territoriais da Coruña e de Vigo aos responsables dos concellos de localidades xacobeas do Camiño Portugués. En total o investimento deste plan director para poñer en valor tanto o Camiño Portugués como o Camiño Portugués pola Costa ascenderá a 2,5 millóns de euros.

O Camiño Portugués atravesa ata 17 municipios das provincias de Pontevedra e A Coruña ata Santiago de Compostela e é a ruta que maior crecemento en popularidade nos últimos anos en número de peregrinos. Tras o Camiño Francés, o Portugués afianzouse como a segunda ruta máis elixida polos peregrinos, por diante do Camiño do Norte, que atravesa toda a cornixa cantábrica. Durante 2017 59.235 peregrinos percorreron o Camiño Portugués ata a Catedral de Santiago, preto dun 20% do total de todas as rutas xacobeas.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom