O presidente do clúster Turismo de Galicia, encantado co Camiño: "quedan namorados do verde"

O Camiño de Santiago ten gran importancia no aumento de turistas na comunidade galega, pois é un destino turístico que deixa pegada

Fabio
03/08/2016 14:00
Francisco González - SANTI M. AMIL

Francisco González - SANTI M. AMIL

Francisco González, presidente do clúster Turismo de Galicia, destacou recentemente a importancia do Camiño de Santiago, en relación aos grandes números que o turismo está a rexistrar en Galicia durante este 2016. O que o turista busca en Galicia, principalmente estranxeiro, é "o bo servizo, a boa gastronomía, o viño, gozar do mar en lugares en que este choca cos piñeiros", algo que Galicia ten a espuertas.

O Camiño de Santiago ten gran importancia no aumento de turistas na comunidade galega, pois é un destino turístico que deixa pegada a todos aqueles que o realizan: "esa xente chega a Galicia e di: 'aquí teño que volver'. Non saben cando, pero quedan namorados do verde, o mar. E regresan", asegura. Francisco González avoga por manter a calidade e a innovación no Camiño, pero sen perder "todo iso que nos fai diferentes".

Iso si, debemos coidar o que, cos anos, conseguiuse en Galicia con respecto a ser un referente turístico en España: "non hai que buscar números, hai que ver a rendibilidade, facer unha oferta sustentable. Chega un momento no que se chega ao tope do crecemento, que aquí aínda non alcanzamos".

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom