O tempo en Sarria

O tempo no Camiño de Santiago

Consulta aquí o tempo que vai facer en Sarria hoxe para saber que debes levar contigo e como planificar a túa peregrinación polo Camiño de Santiago.

8
O tempo en Sarria
Sarria (Lugo)

Sarria (Lugo)

A climatoloxía en Sarria

Sarria, a 512 metros sobre o nivel do mar, caracterízase por un clima oceánico de influencia continental, con invernos fríos (de novembro a marzo atoparemos os meses con temperaturas máis baixas do ano) e veráns suaves e agradables, onde a temperatura media sitúase ao redor dos 18ºC. Sarria recibe precipitacións frecuentes todo o ano menos precisamente nos meses de verán, cando son menores A influencia continental do seu clima vén dada pola súa distancia respecto respecto ao mar, atopándose situada a localidade nun val.

Xeograficamente, Sarria atópase situada na metade sur da provincia de Lugo, a 110 quilómetros de Santiago de Compostela. Sarria é un dos puntos máis frecuentados de todo o Camiño de Santiago, pois ano tras ano a localidade é a máis elixida como punto de inicio polos peregrinos que toman a ruta xacobea do Camiño Francés para peregrinar a Santiago. Entre outras razóns, isto é debido a que desde Sarria os peregrinos poden obter a compostela á súa chegada á cidade santa, xa que desde a localidade supérase o mínimo de distancia requirida (100 km).

Se estás a planear facer o Camiño de Santiago desde a localidade lucense milenaria, aquí podes informarche sobre o tempo que vai facer en Sarria hoxe, para que teñas previsto todos os contratempos posibles na túa viaxe.

Predición meteorolóxica en Sarria

18/04/2024

cielo despejado

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom