O tren descarrilado no Porriño, moi utilizado por peregrinos no Camiño Portugués

O Tren Celta conecta as cidades de Vigo e O Porto, facendo parada tamén en localidades como Valença do Minho ou Viana do Castelo

Fernando Borjas
09/09/2016 15:23
Tren Celta / M. Moralejo

Tren Celta / M. Moralejo

Desde logo a mañá deste venres non comezou da mellor forma posible e é que como moitos xa saberedes, ás 9.30 un tren descarrilou á beira da estación do Porriño deixando polo menos 4 mortos e ao redor de 50 persoas feridas, e no que viaxaban 69 pasaxeiros (incluídos o propio maquinista e o interventor). Trátase do chamado Tren Celta, un tren internacional que opera a compañía portuguesa Combois de maneira conxunta con Renfe unindo as cidades de Vigo e Porto e coméntase que a maioría dos pasaxeiros son de orixe portuguesa.

O percorrido do Tren Celta pasa por algunhas localidades do chamado Camiño Portugués (que nace en Lisboa e morre en Santiago de Compostela). Por esta razón sempre foi un medio de transporte popular entre peregrinos portugueses e galegos que elixen esta vía de peregrinación para chegar ata Santiago, ben sexa para volver a Portugal ou para iniciar o Camiño en terras portuguesas. As paradas do Tren Celta han sufrido moitas modificacións nos últimos anos; na actualidade, ademais de parar no Porto e Vigo, faio unicamente nas localidades de Nine, Viana do Castelo e Valença do Minho.

Estando a piques de pecharse o servizo en varias ocasións nos últimos anos por parte de Combois polo baixo número de pasaxeiros que utilizan o servizo, o Tren Celta permite cubrir a distancia entre O Porto e Vigo en 2.15 horas por uns 15 euros o billete.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom