Os Premios Camiño de Santiago 2016 recoñecen aos que favorecen a conservación e mellora das rutas

Trátase de oito galardoes entregados por Turismo de Galicia e con dotacións que fan un total de 75.000 euros

Fernando Borjas
22/12/2016 18:41

Camino de Santiago

Camino de Santiago

 

O Camiño de Santiago xa recibiu en 2016 un 6% máis de peregrinos que o ano pasado, cando aínda quedan algúns días para a súa finalización, un éxito total en número de peregrinos que non podería ser posible sen o papel de moitas asociacións, que contribúen de maneira determinante á conservación e mellora das rutas xacobeas en toda a península. Precisamente co obxectivo de recoñecer estas iniciativas existen os Premios do Camiño de Santiago, promovidos por Turismo de Galicia e impulsados pola Xunta e que este ano celebraron a súa segunda edición na Cidade da Cultura de Santiago.

O labor das asociacións é de "suma importancia" para o éxito do Camiño de Santiago, segundo a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Esta institución, distingue ata en oito categorías diferentes os esforzos de toda iniciativa pública ou privada que axude no avance da mellora dos itinerarios xacobeos, a súa contorna ambiental, paisaxístico e arquitectónico, a súa protección e a divulgación do Camiño. Ademais buscar fomentar a sensibilización cidadá polo Camiño de Santiago e fomentar o coñecemento sobre o seu patrimonio.
Os galardoados nesta edición 2016 dos Premios Camiño de Santiago, cunha dotación total de 75.000 euros, foron os seguintes:

Iniciativas máis destacadas de concellos de municipios por onde discorre o Camiño de Santiago.

 

  • Primeiro premio: Concello de Mondoñedo (dotación de 15.000 euros)
  • Segundo premio: Concello de Oroso (dotación de 5.000 euros)

 

Actuacións máis destacadas desenvolvidas polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

 

  • Primeiro premio: Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Burgos (dotación de 15.000 euros)
  • Segundo premio: Asociación Xacobea de Málaga (dotación de 5.000 euros)

 

Iniciativas ou actividades máis destacadas desenvolvidas polas pequenas e medianas empresas.

 

  • Primeiro premio: Maseybuco (dotación de 15.000 euros)
  • Segundo premio: Zerozero Imaxe e Comunicación (dotación de 5.000 euros)

 

Traballos de investigación e estudo máis destacados do Camiño de Santiago e da peregrinación ou cultura xacobea ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago.

 

  • Premiado: Centro de Estudos Galegos-Universidade de Kiel (dotación de 10.000 euros)

 

Traballos de carácter educativo relacionados co Camiño de Santiago de centros de ensino de educación primaria e secundaria de Galicia.

 

  • Premiado: IES Plurilingüe San Rosendo-Mondoñedo (dotación de 5.000 euros)

 

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom