Oviedo formará parte da Mesa do Camiño Primitivo

A decisión do Concello de Oviedo chega tras cumprirse un ano desde que o Camiño Primitivo fose considerado Patrimonio da Humanidade

Fabio
07/07/2016 13:00
Camiño Primitivo

Camiño Primitivo

A creación desta "mesa" foi unha decisión adoptada no ano 1996 nunha reunión de alcaldes de municipios polos que transcorre o Camiño Primitivo celebrada en Tineo, cuxo obxectivo foi poñer en relevo o Camiño entre Oviedo e Santiago. Curiosamente a capital do Principado de Asturias ainda non había votado en pleno a sua adhesión á Mesa do Camiño Primitivo.

A incorporación do Concello de Oviedo foi aprobada recentemente no pleno, e suma forzas a esta organización, na que faltan incorporacións importantes de municipios destacables polos que transcorre a ruta, como Lugo e Guntín, aínda que na provincia galega sí hai representación doutros concellos como o de Baleira e A Fonsagrada.

A decisión do Concello de Oviedo chega tras cumprirse un ano desde que o Camiño Primitivo fose considerado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Do texto resultante do pleno, recoñécese que a decisión tomada fai 20 anos "sirveu para afrontar uns anos de gran traballo e diferentes sensibilidades que levaron á situación actual do Camiño Primitivo".

Agora o propio Concello de Oviedo traballará "na recuperación, desenvolvemento, potenciación e divulgación do Camiño Primitivo" como parte da mesa de traballo.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom