Récord de 2,6 millóns de visitantes en Santiago de Compostela en 2017

Espérase que o dato total de pernoitas na capital galega supere os 1.450.000 hóspedes

Fernando Borjas
16/01/2018 19:48
Catedral de Santiago

Catedral de Santiago

Comezabamos o ano informando sobre o éxito do Camiño de Santiago, que superaba o seu récord absoluto de peregrinos, con máis de 300.000 visitantes. Precisamente o reclamo da ruta xacobea é unha das razóns que xustifican os bos datos turísticos na cidade de Santiago en 2017, ano no que se estableceron novos récords como o total de pernoitas, que rolda os 1.450.000. A falta de que se publique o número exacto de húespedes (sumando os datos de decembro), prevese que este supere por primeira vez o máximo histórico alcanzado en 2010, Ano Santo, cando se alcanzou o récord de 1.430.000 pernoitas.

Así mesmo, 2017 marcou un novo fito de viaxeiros que utilizaron o aeroporto de Santiago de Compostela, que conseguiu superar por primeira vez os 2,6 millóns. O mellor dato histórico ata agora rexistrouse en 2014, cando se alcanzaron os 2.083.873 viaxeiros en total, un aumento que estaría relacionado co aumento do tráfico en conexións internacionais directas.

Segundo apunta a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago, Marta Lois, 2017 supuxo un ano de "máximos históricos" para a cidade galega; un ano marcado pola "desestacionalización do turismo" en Santiago de Compostela. Esta desestabilización estivo marcada polo continuo crecemento do turismo internacional, que segue en aumento desde 2011 e que, segundo Lois, axuda á "redistribución" do turismo entre os meses que "sempre tiveron rexistros máis baixos". 2017, segundo a responsable de Turismo de Santiago, seguiu a "liña de crecemento" de 2016, lembrado como un "moi bo ano" para o sector turístico galego.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom