Uns 300 veciños de Noia peregrinan ata Santiago para reclamar o Portus Apostoli

O obxectivo desta camiñada é reclamar a súa compostela mediante o recoñecemento de Noia como ruta oficial do Camiño de Santiago

Fabio
13/06/2016 14:00
Portus Apostoli

Portus Apostoli

Portus Apostoli, o proxecto que naceu para reivindicar a Noia como porto de Compostela e que figure entre os itinerarios do Camiño de Santiago oficiais, recibeu no día de onte un importante impulso por parte dos seus veciños. Unhas 300 persoas chegaron onte á Praza do Obradoiro tras realizar 45 kilómetros de ruta. Un centenar completou o Camiño a pé desde Noia, saíndo de madrugada, mentres outros realizaban o traxecto en autobús e noutros medios de transporte, como os quads.

O obxectivo desta camiñada organizada coa chegada aos pés da Catedral de Santiago, é reclamar a súa compostela mediante o recoñecemento de Noia como ruta oficial do Camiño de Santiago. Unha iniciativa que tamén impulsou o párroco José Ortoño, da igrexa de San Martiño, así como o concello de Noia, quenes están detráis da iniciativa. Cando os peregrinos chegaron á Praza, despregaron unha pancarta do Portus Apostoli para deixar ben clara a súa reclamación.

O párroco José Ortoño non descartou repetir a iniciativa no futuro, debido á gran acollida e participación dos veciños. Santiago Freire, alcalde de Noia, non puido realizar o Camiño a pé polos seus compromisos, pero sí quixo despedir aos veciños en Noia e recibilos en Santiago, eloxiando o seu compromiso coa iniciativa.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom