
Fonte dos Mouros Villamayor de Monjardín é unha pequena localidade emprazada aos pés do castelo de San Esteban de Deyo (para visitar as súas ruínas hai que pedir a chave no bar Ilarra).
Fonte dos Mouros Villamayor de Monjardín é unha pequena localidade emprazada aos pés do castelo de San Esteban de Deyo (para visitar as súas ruínas hai que pedir a chave no bar Ilarra). Os muros da fortaleza atópanse ben conservados. A lenda conta que aquí foi enterrado o monarca Sancho Garcés I, que reconquistou estas terras (principios do século X) aos musulmáns, sendo Villamayor de Monjardín un importante enclave estratéxico. Popularmente, este núcleo coñécese como o pobo das catro mentiras: «Nin é vila, nin é maior, nin hai monxas nin ten xardín». Hai un pequeno ultramarinos que abre desde marzo ata outubro. Como principal visita no lugar atópase a igrexa románica de San Andrés, do século XII.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Villamayor de Monjardín de Santiago de Compostela é de 653 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
16°
28/09/2023
nubes dispersas
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649