A Coruña

Localidad

2 valoracións
5
6
7

Información de A Coruña

A Coruña é o punto de partida para unha das variantes do Camiño Inglés. É a segunda cidade máis poboada de Galicia, logo de Vigo e conta con case 250.000 habitantes. A súa pequena extensión territorial como concello, de tan só 37,83 quilómetros cadrados, confírelle unha das densidades de poboación máis altas de España. A súa orografía é tamén una das súas peculiaridades ao ser A Coruña unha península, unida a terra por un estreito istmo. Así o centro e a Cidade Vella conta con dúas fachadas, unha cara á ría e con vistas ás zonas portuarias e outra en forma de baía onde están as praias de Riazor, Orzán e Matadero.As orixes da Coruña remóntanse a época romana, e aínda se conservan vestixios como o Castro de Elviña ou a torre de Hércules. En 1589 María Pita converteuse na heroína coruñesa que loitou contra Sir Francis Drake, cando os ingleses asediaron a cidade despois do apoio de España á Armada Invencible. Tras duros enfrontamentos, a poboación atrincheirouse na Cidade Vella. Demostrando gran valentía María Pita matou a Drake e os ingleses emprenderon a súa fuxida. Séculos máis tarde, durante a Guerra da Independencia, A Coruña foi unha das cidades que ofreceu máis resistencia ao avance francés, axudados polo exército inglés. En 1809 librouse unha das batallas máis encarnizadas, a Batalla de Elviña, na que o xeneral inglés Sir John Moore resultou ferido e morreu. Pese á súa morte, os seus homes conseguiron o seu obxectivo, venceron aos franceses e conseguiron embarcar rumbo a Gran Bretaña. Na actualidade A Coruña é unha cidade cosmopolita que conxuga o seu carácter turístico e de servizos con actividades portuarias como a pesca, axuntando así modernidade e tradición.

Distancia do Camiño de Santiago desde A Coruña

Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa A Coruña de Santiago de Compostela é de 72 quilómetros.

O tempo en A Coruña

11°

19/04/2024

clear sky

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil981167800
  • Policía local981184200
  • Conexión por tren
  • Ultramarinos
  • Protección Civil981184343
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom