A seguridade do cabo de Finisterre e os peregrinos imprudentes

O debate sobre a seguridade no cabo volve estar encima da mesa tras unha nova desaparición dun peregrino estes días

Fernando Borjas
14/09/2016 21:18

Cabo de Finisterre

Cabo de Finisterre

O cabo de Finisterre está a ser nos últimos anos foco dalgúns accidentes e traxedias protagonizadas por peregrinos que deciden prolongar o Camiño de Santiago ata a costa atlántica. Se fai algo menos dun ano era atopado morto un jóven policía madrileño nas inmediacións do cabo, leste mesmo fin de semana coñeciamos a desaparición dun peregrino de orixe surcoreana do que tan só atopouse a súa mochila con algunhas pertenzas. Aos accidentes nas inmediacións do cabo hai que sumar a falsa tradición que se está adoptando de queimar roupa por parte dalgúns peregrinos.

É seguro para os peregrinos o cabo de Finisterre? Arriscamos máis da conta en ocasións por conseguir o mellor "selfie" ou a mellor instantánea desta paisaxe de postal? As autoridades da localidade parecen tomarse moi en serio a seguridade na zona e xa expoñen medidas excepcionais para disuadir aos peregrinos de achegarse demasiado ás zonas máis perigosas, onde o mar ou un tropezón poden custar moi caro, sen contar con que os rescates na zona son de extrema dificultar.

Para iso proponse a instalación de cartelería en varios idiomas con mensaxes moi claras sobre o perigo do mar no cabo de Finisterre, ademais da presenza de informadores presenciais para explicar aos máis "valentes" sobre o perigo ao que se enfrontan e evitar que se expoñan a el se é posible, medidas recogias no Plan Director do Monte do Cabo que deben desenvolverse.

Pero, que podemos facer pola nosa banda os peregrinos para evitar accidentes? Parece que a inxección de moral que nos dá alcanzar este punto lendario da xeografía, fin do Camiño para moitos, ou a simple ignorancia dos perigos do mar fai que moitos se relaxen. O mellor consello para evitar os perigos da zona é simplemente non expoñerse a eles e non saírse dos camiños marcados se o que queremos é non estragar o recordo dunha experiencia como o Camiño de Santiago.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
ArnauRG
ArnauRG 15/09/16 14:19:29
00
Ahora la pregunta es, ¿Es culpa del estado en el que se encuentra la zona o del propio peregrino?
0 0
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom