Avisar de agresións ao Camiño de Santiago co noso móbil, unha realidade en 2017

Os peregrinos teremos o ano que vén á nosa disposición unha app móbil para poder achegar información sobre a deterioración da Ruta Xacobea desde calquera punto desta

Fernando Borjas
12/12/2016 19:39
Camino de Santiago

Camino de Santiago

A pesar de que a forma na que os peregrinos nos desprazamos a Santiago de Compostela cada ano mantense invariable desde os tempos dos primeiros camiñantes medievais, a Ruta Xacobea non é allea ao avance dos tempos. Aínda que unha práctica tan ancestral como a peregrinación puidese parecer impermeable ante un fenómeno como o da tecnoloxía, o certo é que esta cada vez ten máis presenza no Camiño de Santiago, como demostra a chegada de aplicacións específicas que podemos levar na palma da nosa man.

Se xa estamos afeitos consultar toda a información sobre o Camiño de Santiago desde o noso móbil grazas a ferramentas como a app de Vive o Camiño, en 2017 tamén poderemos comprometernos coa súa preservación como patrimonio histórico e cultural. Ésto será posible grazas ao lanzamento da aplicación móbil atenta.2, unha iniciativa do comité de expertos da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Astorga enfocada en que os propios peregrinos poidan dar o seu testemuño con información, vídeos e imaxes dos atentados que sofre a Ruta Xacobea.

Grazas a un itinerario geolocalizado da ruta, poderemos enviar información ao instante sobre calquera problema que apreciemos no Camiño de Santiago, como alteracións sospeitosas da ruta, desfeitas do patrimonio, falta de mantemento por parte das institucións públicas ou simple vandalismo doutros peregrinos. Todas as denuncias dos usuarios da app serán valoradas por un equipo de profesionais, que valorarán cada caso para trasladarllo a quen corresponda. A app, que foi presentada no I Encontro Internacional sobre o Patrimonio dos Camiños de Santiago, tamén ofrece un servizo de socorro para peregrinos lesionados que necesitasen de asistencia. 

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom