Baamonde

Localidad

1 valoracións
16
15
16

Qué ver en Baamonde

Baamonde ©Panoramio / ConoceBegonteBaamonde

Baamonde ©Panoramio / ConoceBegonteBaamonde

En Baamonde descubrirá o visitante unha obra única. Trátase dunha capela esculpida no interior dun castiñeiro duns 500 anos de idade, xunto á igrexa parroquial. Tras a obra hai unha historia entrañable, protagonizada polo escultor local Víctor Corral. Na década dos setenta, segundo relata o propio autor, unhas obras de ensanche da N-VI ameazaban a integridade da árbore, lugar de xogos e inesquecibles momentos da nenez do artista.

Non dubidou en meterse, como tantas outras veces fixera de pequeno, no amplo oco que a vellez causara no tronco e pórse ao choio. Durante un mes traballou sen descanso para esculpir no corazón do castiñeiro unha capela en honra á virxe do Rosario, patroa da localidade, e outras pequenas tallas, así como unha porta de acceso ao interior da árbore. A súa obra, contan, evitou que o castiñeiro fose tallado.

O polifacético escultor e pintor levantou, a poucos metros de distancia, outro dos referentes da localidade: unha casa-museo que leva o seu mesmo nome. Digna de visita. Construíu o mesmo a casa, pedra a pedra, incrustando nos seus muros tallas singulares. As súas mans deron forma a máis dun milleiro de obras, as cales mostra, de forma altruísta, con amabilidade e agradable conversación a todo aquel que se achegue ao seu museo.

A igrexa románica, advocación de Santiago, completa o percorrido. Domina a vista do seu atrio, ademais do castiñeiro, un calvario composto por tres cruceiros do XVIII; o central con Cristo e Dolorosa, e lisos os laterais. O inicio da construción da capela data do século IX.

As festas

A parroquia de Baamonde celebra as súas festas patronais en honra á virxe do Rosario o 11 de setembro.

Puntos de interes de Baamonde (2)

O tempo en Baamonde

12°

19/03/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982398008
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom