As Etapas do Baamonde

Localidad

1 valoracións
16
15
16

Conexións en Baamonde

Estación de Baamonde ©Panoramio / ConoceBegonteBaamonde

Estación de Baamonde ©Panoramio / ConoceBegonteBaamonde

O principio e fin de etapa en Baamonde é un dos puntos mellor comunicados do Camiño do Norte. Por estrada, é nó de comunicacións ao confluír na localidade a N-634, a vella N-VI, e as vías de alta capacidade A-6 e A-8. Tales infraestruturas sitúan a localidade a tan só 15 minutos da capital de provincia, Lugo, e a unha media hora tanto da zona costeira da Mariña como da cidade da Coruña.

En bus, a compañía Arriva fai parada na localidade, conectándoa con Santiago e Ribadeo. Máis información na web. En tren, a liña ferroviaria Palencia-A Coruña ten apeadeiro no mesmo Baamonde, a escasa distancia do albergue. Máis información na web. O aeroporto da Coruña dista 69 quilómetros e o de Santiago 75 quilómetros.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

A parada de taxis de Baamonde está tamén xunto ao albergue. De non haber alí ningún estacionado, pódese preguntar no bar Guerrero , ou ben chamar ao taxista local Manuel Cageao (982398084 / 608080015).

O tempo en Baamonde

12°

19/03/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982398008
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom