
No lugar, e fronte a un vetusto albergue municipal, álzase maxestosa a igrexa de Santiago, gran exemplo do románico galego (século X). O templo, dunha soa nave e ábside cadrada e que tanto destaca pola súa estrutura como pola singularidade dos seus capiteis, foi declarado monumento nacional en 1976.
A súa historia corre paralela á do Camiño. Hai séculos formaba parte dun monasterio, dependente do de Samos, e funcionaba como hospital de peregrinos. Ademais, a súa vinculación xacobea queda patente na vieira que realza unha das súas portadas laterais, así como pola imaxe dun Santiago Peregrino que preside no seu interior o seu retablo barroco.
Realizada esta visita os romeiros poderán continuar camiño e tanto deixar o albergue público á súa dereita ou subir unha pendente que o deixa á súa esquerda e lles conduce ata a pequena capela de San Silvestre. Conta a xente do lugar que o Camiño neste punto é aneiro, o que quere dicir que un ano vai por un traxecto e, á tempada seguinte, pola outra alternativa, ambas con firme de asfalto.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
°
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649