Reportaxe

Deixar pedras e cruces no Camiño de Santiago: Por que se segue esta tradición?

As tradicións do Camiño de Santiago son moitas, e esta destaca pola súa solidariedade co resto dos peregrinos

Pedras na sinalización do Camiño de Santiago, imaxe de Envato Elements

Pedras na sinalización do Camiño de Santiago, imaxe de Envato Elements

A frecha amarela cunha mámoa de pedras ao seu carón é unha imaxe do máis habitual polo camiño, sexa cal sexa o percorrido que se siga. Porén, agocha un significado que non todos coñecen. De entre todas as tradicións e lendas do Camiño, esta é unha das máis lonxevas. Esta tradición non ten orixe coñecida, pero remóntase a séculos atrás.

A historia das pedras do camiño

As pedras do camiño a Santiago foron colocadas inicialmente coa intención de guiar a outros peregrinos. Deste xeito, informábase a outros viaxeiros do camiño a seguir, antes de que existise a sinalización normalizada. As pedras de cada tramo son un xeito silencioso de crear comunidade, na que os peregrinos non se atopan pero son conscientes de que seguen o legado doutros anteriores.

Estas pedras teñen outra razón de ser, máis espirituais. Deixar unha pedra polo camiño é un símbolo de que o peregrino deixa atrás os seus medos e erros. Simboliza que te libras dunha carga, que abandonas a dor e o arrepentimento que levaches durante os quilómetros anteriores.

Xa sexa para soltar penas ou para sentirse en comunidade con outros peregrinos, este xesto estendeuse por todas as partes do mundo. Cada unha das pedras do camiño son, dun xeito espiritual, as cargas que miles de peregrinos levaron antes ca ti, e que puideron deixar atrás para completar o camiño ata a Catedral de Santiago.

Pedras na sinalización do Camiño de Santiago, imaxe de Envato Elements

Pedras na sinalización do Camiño de Santiago, imaxe de Envato Elements

Que significan as cruces

As cruces teñen un significado lixeiramente diferente, non son marca para o resto dos peregrinos. Aínda que non se coñece a súa orixe, ao parecer comezou a facerse como unha forma de honrar a morte dun ser querido. Hai quen segue facéndoo hoxe en día para mostrar respecto e memoria aos seus seres queridos, xa que este símbolo pervive ao longo dos séculos.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom