O Camiño do Norte, clave na aposta de España Verde en 2018

A milenaria ruta xacobea atravesa as comunidades autónomas de País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia

Fernando Borjas
20/12/2017 10:00

Camino del Norte

Camino del Norte

 

O Camiño do Norte é unha das rutas máis esixentes e na que o peregrino se ve máis exposto á climatoloxía do conxunto do Camiño de Santiago, pero tamén una das máis satisfactorias, poñéndonos máis en contacto coa natureza. Esta ruta xacobea, que atravesa toda a cornixa cantábrica, atópase en pleno proceso de crecemento, atraendo cada ano a máis peregrinos en busca de camiños alternativos ao masificado francés, que por exemplo o pasado mes de novembro percorreu o 63% dos camiñantes.

A milenaria ruta do norte da península atravesa País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia e supón un atractivo turístico cada vez máis importante nos plans de promoción destas comunidades autónomas. España Verde, a marca común que axunta a estas catro rexións na promoción da súa oferta turística, seguirá apostando forte polo Camiño do Norte tamén en 2018. Así o confirmou o conselleiro de Innovación, Industria, Turismo e Comercio do Goberno de Cantabria, Francisco Martín, nunha recente reunión de seguimento en Santander na que participaron responsables das catro comunidades.

O obxectivo da marca España Verde (que este ano estivo coordinada por Cantabria) co Camiño do Norte "é poñelo en valor" comunicando acerca do que cada unha das comunidades autónomas que atravesa pode ofrecerlle ao peregrino en cuestións de "diversidade turística, histórica e cultural". Os responsables de España Verde teñen confianza en que no futuro o Camiño do Norte poida converterse en "unha alternativa para explorar polos peregrinos" e afirman que hai motivos para non crer que esta ruta costeira "non teña o mesmo éxito que o Camiño Francés"

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Sin avatar
A'Marian Romero 01/01/18 15:37:16
00
Para promover este camino habrían de mejorar los servicios de albergues hostales bares y restaurantes de la ruta ya que el peregrino se ve expuesto a muchos incidentes y si necesita petnoyar en medio de una etapa corre riesgos de no poder continuar y así concluir la etapa.
0 0
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom