Fene

Localidad

1 valoracións
3
2
1

Qué ver en Fene

Fene ©Panoramio /Pablo Cinza Blanco

Fene ©Panoramio /Pablo Cinza Blanco

Apenas se topará o peregrino con elementos relixiosos ao seu paso por Fene. De feito, pouco reterá ao romeu na localidade se se cingue ao patrimonio atopado na ruta. Con todo, o municipio garda ases para aqueles que queiran facer un alto no camiño e descubrir a súa historia e o legado de poboadores pasados.

Nas parroquias de Barallobre e Sillobre aínda é posible visitar os restos arqueolóxicos das mámoas megalíticas de Campo da Arca e Marraxón. Nesta última atópase tamén o petróglifo de Marraxón e os gravados graníticos de pena Picota. O municipio foi prolífico en asentamentos castrexos.

Así, documentáronse castros en Orra (Sillobre), As Pías (Fene), Cardoeiro (Perlío), Pena do Castro (Barallobre), Prismos (Limodre), As Escadas (Maniños) e As Modias (Magalofes). Haberá que desmarcarse igualmente do itinerario para visitar as igrexas barrocas de San Salvador de Maniños (século XVII), Santiago de Barallobre (século XVII) e Santa María de Sillobre (século XVII).

Do pasado recente do concello datan as construcións indianas erixidas a finais do XIX e principios do XX, co patrocinio dos emigrantes retornados á súa vila natal. Salpicados polo termo municipal, hai bos exemplos como as escolas Concepción Arenal (Fene), Fillos de Limodre (Limodre) e Curros Enríquez (Maniños); ou os cines e salóns de baile Cardoeiro (Maniños) ou Adriano (Barallobre).

Outro dos elementos identificativos é o monumento ao Camiñante Descoñecido, na estrada da Palma (Barallobre). Inaugurado en 1934, consta dun pequeno fornelo rodeado por bancos nos que figuran os nomes de ilustres da cultura galega.

Festas

Os festivos locais son o Mércores de Cinza, día grande do entroido fenés, e o 6 de agosto, co gallo da festividade de San Salvador. Ademais, no municipio teñen lugar outros eventos de lecer, como os festivais musicais Felipop, en agosto, ou o Fene-Rock, en setembro.

O tempo en Fene

28/03/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981340094
  • Policía local609828744
  • Protección Civil981343945
  • Supermercados
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom