
Trátase dun enclave que combina diversos reclamos naturais, como dous ríos e dúas praias separadas pola desembocadura de ambos. O areal de Nemiña -que marca o fin da ría de Lires e o comezo do cabo de Touriñán- é, ademais, unha das principais zonas de interese para o turismo ornitológico de Galicia.
O espazo acuoso está poboado por miles de gaivotas, centos de corvos mariños e ducias de correlimos e garzas reais. Os amantes das aves poden avistar aquí especies tan singulares como a gaivota polar (laurus glaucoides). Moi preto, no Cabo Touriñán déixase ver frecuentemente o falcón peregrino (falco peregrinus).
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Lires de Santiago de Compostela é de 75 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
20°
04/06/2023
muy nuboso
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649