Cabo de la Roca

Punto de interes en Lisboa

0 valoracións
0
0
0

Cabo de la Roca

Cabo de Roca - Wikimedia commons/Szilas

Cabo de Roca - Wikimedia commons/Szilas

Si o cabo Touriñán é o punto máis occidental de Galicia, o cabo da Roca conta co mérito de ser o punto máis occidental de toda a Península Ibérica e mesmo de toda a Europa continental. Situado na cidade de Lisboa, dentro de Portugal, trátase dunha zona aberta desde onde se pode gozar dunha das mellores vistas do océano Atlántico desde a costa oeste peninsular.
Coñecido polos romanos como Promontorium magnum, é visitado por miles de turistas que desexan saber o que sente no lugar máis occidental de Europa continental. Calquera día do ano podemos atopar a xente por esta zona, xa sexa para sacar fotos ou simplemente para contemplar o lugar. Algunhas persoas mesmo aproveitan a disfurtar desta zona antes de partir á Catedral de Santiago a través do Camiño Portugués.
Aínda que anos atrás comezou a coñecerse como “Roca de Lisboa”, na actualidade o nome derivouse a “Cabo da Roca”. Esta zona tamén é popularmente coñecida como a naríz de Europa xa que conta cunha forma similar a esta parte do corpo, algo que podemos identificar facilmente si observamos un mapa.
Ademais da espectacular panorámica da que podemos gozar no cabo da Roca, nese mesmo lugar está o seu monumento. Esta conta cunha cruz na parte superior e unha placa que nos indica a latitude, lonxitude e altitude do punto máis occidental da Europa continental.
Fotos e vídeos
O tempo en Lisboa

14°

26/04/2024

generalmente soleado

Localización
Mapa de ubicación del punto de interes
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom