As Etapas do Milladoiro

Localidad

1 valoracións
0
1
0

Conexións en Milladoiro

Milladoiro ©Panoramio /Javibaluja

Milladoiro ©Panoramio /Javibaluja

A Milladoiro, situado a 5,4 quilómetros de Santiago, pódese chegar pola N-550, estrada que se prolonga dende Santiago e atravesa o pobo, pola Autoestrada do Atlántico (AP-9) ou pola autovía AG-56.

Dende Milladoiro é sinxelo trasladarse en autobús ata a capital galega. Na rúa Rosalía de Castro (por onde prosegue a N-550), fan parada os Autobuses de Calo, encargados do transporte entre ambas as dúas localidades.

A frecuencia é de cada 15 minutos, dende as 07.00 ata as 21.30 horas. Durante os sábados e domingos mantéñense as liñas aínda que se reduce o número de viaxes. Consultar máis información aquí.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

Outra opción para desprazar as mochilas durante o Camiño portugués é Sinmochila. (600295007 ou contacto@sinmochila.es). Neste caso cóbrense as seis etapas galegas e para o caso das axencias tamén as dúas de Portugal. A tarifa é de 7 euros por mochila e etapa, aínda que varía en función do número (mínimo 3 euros por máis de 15 mochilas). As equipaxes son deixadas no lugar de aloxamento se se trata de hoteis ou albergues públicos, no caso dos da Xunta tense concertado con bares e cafetarías da zona.

O tempo en Milladoiro

°

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil981536405
  • Policía local619767575
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom