Mostra sobre o Camiño de Santiago no Museo da Cultura de Milán

A exposición, impulsada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Milán, pretende promover o turismo no noso país

Fabio
04/05/2016 13:00
Imaxe promocional da mostra sobre o Camiño de Santiago

Imaxe promocional da mostra sobre o Camiño de Santiago

Os amantes e seguidores do Camiño de Santiago poden ver, ata o próximo 29 de maio, unha mostra de 70 fotografías sobre o Camiño de Santiago no famoso Museo da Cultura de Milán. A exposición, impulsada por Turismo de Galicia en colaboración coa Oficina de Turismo de España en Milán, pretende promover o turismo no noso país por medio do internacionalmente coñecido Camiño de Santiago, especialmente nas rexións do norte de Italia.

As 70 imáxenes da mostra - 50 retratos e 20 paisaxes - foron tomadas por un peregrino italiano chamado Tommaso Pini, un fotoreporteiro toscano, quen se centrou en captar a esencia do Camiño en diferentes aspectos ata a súa chegada a Compostela, con máis de 800 kilómetros ás súas costas. Cada imaxe, por tanto, ten un sentido e unha historia nesta exposición. Por iso, cada unha delas está asociada a un código QR que poderemos ler co noso teléfono móvil e acceder a un blog no que se especifica a historia da fotografía.

A mostra chega a Milán despois de pasar por Turín, e tras o 29 de maio podrerá viaxar a outras cidades como Bolonia. A exposición en Italia non é casualidade; trátase dun dos mercados más importantes para o Camiño de Santiago. En 2015 Italia foi o país que máis peregrinos aportou ao Camiño.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom