
O Porriño, cruzamento permanente de camiños, debe parte do seu crecemento ao Camiño de Santiago, aínda que existen vestixios de primeiros asentamentos do paleolítico nas Gándaras de Budiño.
Na actualidade a clave do seu crecemento é a industria, da man dos dous grandes polígonos industriais que serven ao municipio e a Vigo. De entre todos os sectores destaca o granito, xa que no municipio se atopa o principal xacemento deste material en España.
De feito, dá incluso nome a unha variedade específica, coñecido como Rosa Porriño. A pesar da súa modernidade, aínda conta co encanto antigo da man das construcións do arquitecto local Antonio Palacios, un dos seus veciños máis ilustres, e das casas blasonadas e con soportais no casco antigo.
Se o visitante pode elixir data, sen dúbida debería facer coincidir o seu traxecto coa celebración do popular e famoso Festival de curtos de Cans. A cita celébrase todos os meses de maio coincidindo co certame francés de Cannes. Precisamente a coincidencia no nome foi a orixe do festival, que leva o glamour ao rural galego con proxeccións en galpóns, transporte en tractores, concertos en galiñeiros e unha infinidade de curiosidades.
Os famosos xa se renderon á cita e cada ano chegan directores ou actores de renome invitados ao evento, que supera as 10.000 visitas durante a celebración na pequena parroquia.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa O Porriño de Santiago de Compostela é de 101 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
15°
22/09/2023
lluvia
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649