O V Camiño de Santiago para persoas con Fibrósis Quística dá comezo

A actividade leva celebrandose con gran éxito os últimos cinco anos por iniciativa da Federación Española de Fibrosis Quística

Fernando Borjas
23/08/2016 17:09
Da comienzo el V Camino de Santiago para personas con fibrósis quística

Da comienzo el V Camino de Santiago para personas con fibrósis quística

Esta semana de agosto está marcada en vermello para a Federación Española de Fibrosis Quística, que deu hoxe o pistoletazo de saída á quinta edición dunha actividade que ano a ano logra máis adeptos. Falamos do V Camiño de Santiago para persoas con Fibrosis Quística, que se celebrará esta semana partindo de Muxía e chegando tras seis etapas a Santiago de Compostela.

A FEFQ promove por quinta vez esta actividade para fomentar o exercicio físico e o intercambio de experiencias entre familias grazas á gran acollida nas últimas edicións. Os participantes desta edición 2016 partiron desde a localidade de Muxía este mesmo martes tras reunirse en Santiago de Compostela onte e viaxar ata o inicio do seu camiño en autobús. Ata o próximo 28 de agosto camiñarán unha media de 23 quilómetros diarios en seis etapas, con paradas en Pradis, Cee, Ponche Olveira, A Pena, Alto do Ventos e Santiago, acompañados en cada momento dun fisioterapeuta e un transporte para calquera inconvinte.

A actividade deportiva, ademais de fomentar a divulgación da fibrosis quística, supón unha terapia alternativa para o seu tratamento, axuda a soportar a enfermidade e ademais serve para que tanto os enfermos como os familiares poidan compartir xuntos as súas experiencias. A fibrosis quística é unha enfermidade dexenerativa que afecta os pulmóns e o sistema dixestivo; é crónica e hereditaria e require coidado permanente, ademais de contínuos tratamentos para as complicacións que poidan sucederse.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom