Ourense

Localidad

1 valoracións
0
0
0

Restaurantes en Ourense

Nova Restaurante, Ourense ©Street View

Nova Restaurante, Ourense ©Street View

Media ducia de rúas do casco histórico de Ourense concentran mesóns, restaurantes e tabernas emblemáticas, de paso obrigado para o visitante. É a zona popularmente coñecida como dos viños, onde aínda as cuncas brancas mecen o Albariño e a orella de porco manda na carta.

O percorrido gastronómico podería circunscribirse entre a praza do Ferro e as rúas que conducen á catedral de San Martiño. Que probar? Orella, cachucha, morunos, xamón, polbo... e especialidades propias de cada establecemento. Cada recuncho ten o seu sabor.

E os fins de semana, pódese degustar o pulpo na rúa, con postos tradicionais onde se prepara a especialidade ao momento. Un dos máis insignes da zona é o bar Orellas, na rúa Santo Domingo, onde degustar as súas racións de orella, rabo, lacón, cachucha, polbo e outros pinchos desde 1,50 euros.

Seguindo o percorrido cara a San Miguel, e a mesa e mantel, os fogóns de O Pingallo elaboran callos, polbo e outras suculentas receitas con xamón. Casa Toñita, San Miguel ou a Casa de María Andrea dan paso a outros locais da praza de Eirociño dos Cabaleiros, como o popular Mesón do Queixo. A ruta de viños e tapas continúa polas rúas Paz, Lepanto, Unión, Fornos e Viriato.

Restaurantes de Ourense (1)

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

O tempo en Ourense

11°

07/12/2021

broken clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil988235353
  • Policía local988388138
  • Conexión por tren
  • Ultramarinos
  • Protección Civil988210931
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom