
Ponte Ferreira é un lugar minúsculo situado no concello de Palas de Rei e definido pola ponte romana dun só arco que permite cruzar o río Ferreira nun ámbito idílico.
Ten moita importancia para o peregrino que fai o Primitivo. E é que neste lugar, situado a 27 quilómetros de Lugo e a 20 de Melide, hai dúas posibilidades de aloxamento.
A máis antiga é unha bonita casa de turismo rural, a Casa da Ponte, onde tamén dan almorzos. A máis reciene é un albergue privado, tamén chamado Ponte Ferreira, e que ten 26 prazas. Cobran dez euros por durmir, abren todo o ano e teñen bar. Ambas as dúas instalacións permiten ao peregrino poder variar a duración das etapas en función das súas necesidades.
A quen lle parezan curtos os 20 quilómetros entre Lugo e A Retorta pode seguir camiño ata aquí. Ou mesmo intentar chegar ao albergue público de Hospital das Seixas, cinco quilómetros máis alá, nas estribacións da Serra do Careón, que divide as provincias de Lugo e A Coruña, xa máis preto de Melide.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Ponte Ferreira de Santiago de Compostela é de 74 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
°
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649