Ponte Ulla

Localidad

1 valoracións
0
0
0

Albergues e Aloxamentos Ponte Ulla

Restaurante Río, Ponte Ulla ©Street View

Restaurante Río, Ponte Ulla ©Street View

Malia que antes moitos peregrinos non pernoctaban en Ponte Ulla e proseguían camiño ata o próximo albergue público de Outeiro (tamén no concello de Vedra), a ampliación dun hostal a albergue (en xuño do 2013) provoca que, cada vez máis, os caminantes utilicen este destino como fin da penúltima etapa.

Este albergue privado, con 32 prazas, é o de O Cruceiro do Ulla. Ademais, na contorna (tanto en Ponte Ulla como na próxima Santa Cruz de Ribadulla) hai casas de turismo rural onde tamén poder pasar a noite. Unha con encanto moi visitada polos peregrinos é a de Pazo de Galegos (está indicada na ruta xacobea cara a Santiago).

Este pazo pertenceu a Antonio López Ferreiro, canónigo do cabildo compostelán ao que se debe en parte o impulso das peregrinacións e dos anos santos. Liderou un acontecemento tan decisivo como as escavacións na Catedral nas que se atoparon no século XIX os restos atribuídos ao apóstolo Santiago e aos seus discípulos Teodoro e Anastasio.

O tempo en Ponte Ulla

11°

26/04/2024

broken clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981503051
  • Protección Civil629661685
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom