As Etapas do Samos

Localidad

1 valoracións
3
7
3

Conexións en Samos

Samos ©Panoramio Abel Magdalena Carballo

Samos ©Panoramio Abel Magdalena Carballo

Para todos aqueles que necesiten facer un alto ou regresar ás súas localidades de orixe, o máis sinxelo é trasladarse ata Sarria e planear desde alí a viaxe.

Sarria conta cunha boa rede de conexións tanto de bus como a través do tren coas principais cidades galegas e do resto do país.

En bus

Polo Concello de Samos pasa unha liña de bus que conecta Pedrafita do Cebreiro con Sarria. A empresa de buses que se ocupa de conectar ambas localidades é Monbus. A liña funciona de luns a sábado con hora de saída desde Pedrafita ás 6.45 horas. Por Samos pasa sobre as 7.55 e, finalmente, chega a Sarria ás 8.15 horas.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

Samos tamén conta cun servizo de taxi, do que se encarga José Mato Mourelos. Podemos atopar a súa parada na avenida Generalísimo, portal 3 ou chamar aos números de teléfono ( 34) 9825 6027 / ( 34) 982546023. Como outros servizos pódese chamar a estes números: ( 34) 696920214 / ( 34) 619233059 / ( 34) 982546064 / ( 34) 982546059.

Como outras opcións están Peregrino Taxi (679 444 996), con sé en Paradela (Lugo), e que como principal servizo adoita cubrir o desprazamento desde os aeroportos de Santiago e A Coruña ata o lugar desde onde se comeza a andar, e Taxi Peregrino (654 969 666), no que se ofrece aos clientes, previa cobertura dun formulario, a posibilidade de recibir por e-mail un orzamento pechado do traxecto. O servizo cobre toda Galicia e permite, ademais, cumprimentar o pago a través da web.

Entre os vehículos que ofrece hai turismos, furgonetas, coches con cadeiras de bebé ou servizos de remolque para grandes equipaxes. Para o traslado de mochilas, os romeiros contan con varias opcións. O procedemento habitual é, para aqueles que dormen en albergues públicos, e ante a imposibilidade de reservar praza no seguinte ata o momento da entrada, o de fixar un bar ou outros puntos no lugar de destino onde poden recollela. Para aqueles que se aloxan en albergues privados ou en hoteis, a mochila esperará por eles na seguinte hospedaxe.

A tarifa é de 3 euros por etapa para todas as compañías. As firmas que ofrecen este servizo desde Arzúa son: Paquetería Transjes (teléfono: 686 808183; susotaxi@gmail.com), Mochila Expres (teléfonos: 627 435 778 / 666 377 155; transmochilavillanueva@gmail.com) -nesta última empresa, a tarifa durante o inverno ascende a 5 euros- e Xacotrans (982 639 300 / 608 581 206). Nesta última firma a tarifa ascende aos 5 euros na última etapa, cando se cobre o servizo de acceso ao casco histórico de Santiago.

Débese chamar con antelación porque en calquera dos servizos os vehículos adoitan partir coas mochilas desde o lugar de inicio antes das 9.00 horas. Ao mediodía, estas xa están na localidade de destino.

O camiño dacabalo

Os peregrinos ecuestres poden acudir ao café Abadía, onde se lles facilita a posibilidade de deixar os cabalos nun prado propiedade do establecemento. O prezo para deixar os equinos pola noite é de 8 euros.

O tempo en Samos

17°

29/03/2024

generalmente soleado

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982546008
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom