San Romao da Retorta

Localidad

1 valoracións
1
1
2

Información de San Romao da Retorta

Esta aldea situada no concello de Guntín é un dos poucos lugares que ofrece servizos ao peregrino en tránsito dende Lugo a Melide

Fotografía de Manuel Marras.

Fotografía de Manuel Marras.

 A 50 metros do Camiño encóntrase a igrexa que dá nome ao lugar. É un templo de orixe románica, reformada no século XVIII. Moi preto foi encontrado un miliario romano -que indicaba a existencia dunha vía imperial, a XIX- datado en tempos de Calígula.

Hoxe no lugar hai unha réplica. O orixinal está no museo dos Camiños a Santiago de Astorga. Neste enclave hai un bar tenda que tradicionalmente serviu aos peregrinos para repoñer forzas e subministracións. Tamén para conseguir boa información.

Sobre todo cando non había albergues -nin públicos nin privados- ata chegar a Melide e tiñan que buscarse a vida para pasar a noite. Chámase como o lugar, A Retorta. Moi preto, na chamada vía romana, existen dous albergues. Un é público, pequeno -doce prazas- e supostamente «provisional»; o outro é privado.

Está ao lado. Chámase O Cándido. Ten 26 prazas. E cobran 8 euros por durmir (Teléfonos: +34 637 563 755 / +34 982 050 480. Unha terceira opción de aloxamento é chamar ao hostal Cruz da Veiga (Telefono: +34 982176565) de Guntín -a capital do concello-. Recollen en coche os peregrinos e devólvenos ao día seguinte ao mesmo sitio para poder seguir o Camiño.

Nesta aldea o peregrino tiña ata a delimitación oficial do Camiño unha disxuntiva. Hai dúas opcións: A primeira, coller o Camiño que foi supostamente oficial nos últimos anos, que parte de San Romao da Retorta e se encamiña cara a ponte Ferreira por Santa Cruz da Retorta e Vilarmaior de Negral.

É o que aínda está sinalizado con cunchas e marcos. A segunda é a chamada «vía romana». Vai por onde están os dous albergues. E é oficial dende a delimitación do Primitivo en decembro do 2012. Non está sinalizado con cunchas e marcos, só con frechas amarelas. Traza unha ruta diferente -algo máis curta- para chegar ata ponte Ferreira, onde conflúe co antigo oficial. Os dous transcorren por pequenos lugares sen servizos, nun ámbito caracterizado pola vexetación frondosa, pero pisando bastante a estrada.

Distancia do Camiño de Santiago desde San Romao da Retorta

Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa San Romao da Retorta de Santiago de Compostela é de 94 quilómetros.

O tempo en San Romao da Retorta

°

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom