
Fito no Camiño do Norte. A importancia histórica de Sobrado dos Monxes vén dada polo seu mosteiro cisterciense de Santa María, durante séculos motor espiritual e económico, pero sempre refuxio de peregrinos e outras almas en busca de retiro.
O pobo de Sobrado, probablemente das formas latinas superaddium ou suberatum (edificio con alturas), é o primeiro núcleo coruñés que alcanza o traxecto xacobeo.
Tamén supón a última das poboacións con templos de "peso" antes de chegar a Compostela, a tan só xa tres xornadas. é, ademais, capital do municipio, integrado por un total de dez parroquias que suman unha poboación por encima dos 2.000 habitantes.
O comercio local presenta poucos, aínda que suficientes servizos para facilitar a estancia do romeiro.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Sobrado de Santiago de Compostela é de 60 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
12°
08/12/2023
generalmente soleado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649