Xa se poden adquirir os billetes para o Tren do Peregrino

O tren de Renfe efectuará catro saídas durante o próximo mes de agosto desde Madrid

Fernando Borjas
05/05/2017 22:27
Ya se pueden comprar los billetes para el Tren del Peregrino

Ya se pueden comprar los billetes para el Tren del Peregrino

Renfe a anunciado que xa se poden adquirir billetes para as catro saídas do Tren do Peregrino, que en 2017 celebra o seu terceiro ano de vida. Trátase dunha alternativa da compañía para aqueles que queren vivir o Camiño de Santiago dunha forma diferente, co aloxamento ao lombo, podendo realizar varias etapas do Camiño Portugués e conseguindo a compostela ao completar a distancia mínima de 100 km a pé ou 200 km percorrendo o Camiño de Santiago en bicicleta. Permítese portar unha bicicleta por persoa ata un máximo de 10 por tren.

O Tren do Peregrino partirá desde Madrid a Santiago de Compostela os días 3, 10, 17 e 24 de agosto, con estancias de 4 días e 5 noites no convoi. O tren turístico seguirán nesta ocasión o trazado do Camiño Portugués por primeira vez (anteriormente seguíase o Camiño Francés), atravesando localidades xacobeas com Tui, O Porriño, Redondela, Arcade, O Grove, Caldas ou Padrón. Pola súa banda os peregrinos realizarán ata tres etapas a pé ou en bicicleta, pernoitando ao finalizar cada unha delas neste tren hotel, cuxas instalacións e servizos inclúen todo tipo de comodidades. 

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom