Un dos puntos máis emblemáticos da Coruña e de Galicia en xeral, é a Torre de Hércules. Este faro romano foi construído a finais do Século I como punto de referencia para todo aquel que se aventuraba no mar, pero tamén se utilizou como castelo defensivo fronte a diferentes ameazas durante o Século IX. Actualmente, aínda que a torre é coñecida polo seu revestimento exterior, construído no século XVIII, no seu interior aínda se poden observar restos da torre orixinal.
Este monumento, considerado Patrimonio da Humanidade no ano 2009, é fonte de moitos mitos e lendas. A máis popular é a que conta a historia do xigante Gerión que obrigaba aos seus súbditos que lle desen a metade de todas as súas pertenzas. Por esa razón, Hércules enfróntase a el e sae vencedor tras unha batalla de 3 días. Tras iso, o propio Hércules córtalle a cabeza e manda construír sobre ela unha torre para conmemorar a súa vitoria, dando orixe á famosa Torre de Hércules.
Aínda que a Torre de Hércules é a protagonista para todos aqueles que se achegan a Coruña, aos seus arredores podemos atopar unha gran variedade de obras ao aire libre, pertencentes ao Parque Escultórico da Torre de Hércules. Este parque, formado por 18 obras creadas por artistas de diferentes puntos de Galicia, distribúese na súa ampla maioría polo espazo que rodea á Torre, creando un ambiente único e reforzando a historia da propia Torre.
Son moitas as obras do Parque Escultórico, e as máis coñecidas por todo aquel que visita a torre son a figura do guerreiro celta Breogán, situada xusto ao comezo da rampla de acceso á Torre de Hércules, e a Rosa dos Ventos, cuxos 25 metros de diámetros pódense observar á perfección desde o alto da Torre.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
12°
08/12/2023
nubes dispersas
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649